Afiliación obrigatoria

Recomendar esta páxina

Contido

 

Inclusión de Titulares

Quedan obrigatoriamente incluídos no campo de aplicación do Mutualismo xudicial:

  1. Os membros das Carreiras Xudicial e Fiscal, os funcionarios de carreira do Corpo de Secretarios Xudiciais, de Médicos Forenses, de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial, así como dos restantes Corpos e Escalas ao servizo da Administración de Xustiza, calquera que fose o seu lugar de destino e a Administración Pública que, no seu caso, teña asumida a súa xestión.
  2. Os funcionarios en prácticas, aspirantes ao ingreso nas Carreiras e Corpos ao servizo da Administración de Xustiza
  3. Os Letrados de carreira que integran o Corpo de Letrados do Tribunal Constitucional.
  4. Os membros dos Corpos profesionais extinguidos ou integrados que conserven o dereito a pertencer á Mutualidade Xeral Xudicial.
  5. O Persoal ao servizo da Administración de Xustiza a que se refire o apartado1 que pase a desempeñar destino ou exercer funcións como suplente, substituto ou interino nas Carreiras Xudicial e Fiscal, no Corpo de Secretarios Xudiciais ou nos demais Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza manterá a súa inclusión obrigatoria no campo de aplicación do mutualismo xudicial.

 

Altas

  1. Estarán en alta obrigatoriamente na Mutualidade Xeral Xudicial os funcionarios incluídos no campo de aplicación do mutualismo xudicial que se atopen en servizo activo, desde o momento da toma de posesión, ben cando adquiran a condición de funcionarios en prácticas ou de funcionarios, ben cando sexan rehabilitados na devandita condición ou reingresen ao servizo activo ou que pasen a desempeñar destino ou exercer funcións como suplente, substituto ou interino nas Carreiras Xudicial e Fiscal, no Corpo de Secretarios Xudiciais ou nos demais Corpos da Administración de Xustiza.
  2. Conservarán a condición de mutualista en alta obrigatoria, cos mesmos dereitos e obrigacións que na situación de servizo activo, cando pasen a algunha das seguintes situacións:
    1. Servizos especiais, salvo o persoal incluído neste Réxime Especial que se atope na situación de servizos especiais por prestar servizos como persoal da Administración da Unión Europea ou doutra organización internacional na que España sexa parte e que estean acollidos obrigatoriamente ao Réxime de previsión da mencionada organización, mentres dure dita situación; e o que exercite o dereito de transferencia establecido no art. 11.2 do anexo VIII do Estatuto dos Funcionarios das Comunidades Europeas, aprobado polo Regulamento 259/1968, do Consello, de 29 de febreiro.
    2. Excedencia por coidado de fillos ou familiares, e por razón de violencia de xénero.
    3. Suspensión provisional ou firme de funcións.
  3. Igualmente estarán en alta obrigatoria na Mutualidade os membros xubilados das Carreiras, Corpos e Escalas incluídos no ámbito de aplicación deste Réxime especial que procedan dunha situación administrativa de inclusión obrigatoria na Mutualidade ou que perciban pensión do Réxime de Clases Pasivas causada na súa condición de persoal incluído no ámbito de aplicación deste Regulamento.

 

Documento de Afiliación

A condición de afiliado a este Réxime Especial de Seguridade Social acreditarase mediante o correspondente documento de afiliación, no que constarán os datos persoais do mutualista e o seu número de afiliación, que ten carácter permanente e propio deste Réxime Especial.

A MUGEJU facilitase como documento acreditativo da súa condición de afiliado, un Cartón individual de Afiliación para cada mutualista de material plástico e con banda magnética.

Para as novas Altas, emitirase un Documento “provisional” de Afiliación, que servirá para acreditar a súa condición de afiliado a MUGEJU ata que obre no seu poder o Cartón individual de Afiliación definitiva.

 

Baixas

  1. Causarán baixa como mutualistas obrigatorios
    1. Os funcionarios que pasen á situación de excedencia voluntaria, en calquera das súas modalidades, con excepción das concedidas para coidado de fillos, de familiares e violencia de xero.
    2. Os funcionarios que perdan a condición que dá acceso a ser mutualista, calquera que sexa a causa.
    3. Os funcionarios que exerciten o dereito de transferencia establecido no artigo 11.2 do anexo VIII do Estatuto dos Funcionarios das Comunidades Europeas, aprobado polo Regulamento 259/1968, do Consello, de 29 de febreiro.
    4. Os funcionarios que deixen de desempeñar destino ou exercer funcións como suplentes, substitutos ou interinos nas Carreiras Xudicial e Fiscal, no Corpo de Secretarios Xudiciais ou nos demais Corpos ao servizo da Administración de Xustiza e non reingresen no Corpo de orixe na Administración de Xustiza.

 

Normativa e documentación