Cotización

Recomendar esta páxina

Contido

Cotización Obrigatoria

  1. Están obrigados a cotizar ao Réxime especial de Seguridade Social do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, os mutualistas en alta comprendidos no seu ámbito de aplicación e que se achen nalgunha das seguintes situacións administrativas:
    1. Servizo activo, tendo a consideración desta situación, o goce de licenzas, incluída a situación de incapacidade temporal, ou por risco durante o embarazo ou durante a lactación natural.
    2. Servizos especiais.
    3. Suspensión provisional ou firme de funcións.
    4. Persoal ao servizo da Administración de Xustiza que pase a desempeñar destino ou exercer funcións como suplente, substituto ou interino nas Carreiras Xudicial e Fiscal, no Corpo de Secretarios Xudiciais ou nos demais Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza.
  2. A obrigación de cotizar nace desde a data de alta do interesado na Mutualidade Xeral Xudicial e mantense durante todo o tempo en que o afiliado se atope dado de alta.

Suspensión da cotización

Suspéndese a obrigación de cotizar dos afiliados obrigatorios durante:

  • O goce de licenzas por asuntos propios.
  • A situación de suspensión firme.

As cotizacións dos mutualistas obrigatorios polos períodos anteriormente sinalados realizaranse desde a data en que se comece de novo a acreditarlles retribucións, descontándose mensualmente, ata a total extinción do débito, unha cota corrente e outra atrasada. No caso de que desde estas situacións pasen a excedencia voluntaria, ou calquera outra situación ou condición que non leve a obrigación de cotizar, deberán ingresar as cotizacións debidas.

Exención da obrigación de cotizar

  • Os mutualistas obrigatorios que pasen á situación de xubilados ou que perciban pensión do Réxime de Clases Pasivas causada na súa condición de persoal incluído no ámbito de aplicación deste Regulamento. A exención de cotización dos mutualistas xubilados terá efectos desde o mes seguinte ao feito causante.
  • Os mutualistas que se atopen na situación de excedencia para atender ao coidado de fillos ou familiares, ou por violencia de xénero

Cotización da afiliación voluntaria

Os mutualistas voluntarios están obrigados a cotizar mentres se atopen en situación de alta facultativa. O mutualista deberá abonar neste caso a suma correspondente á cota do funcionario ou a funcionaria e a Achega do Estado. A cotización de mutualistas voluntarios retrotraerá os seus efectos ao día seguinte ao da data da baixa como mutualistas obrigatorios.

Normativa: