Cotas

Recomendar esta páxina

Contido

Nocións Xerais

As cotizacións que os funcionarios da administración de Xustiza realizan a MUGEJU só son a afectos da cobertura da asistencia sanitaria e outras prestacións sociais incluídas dentro da cobertura do Mutualismo Xudicial, non xerando dereitos a efectos do cálculo da pensión de xubilación, por canto este Organismo non ten entre as súas competencias a xestión da devandita prestación.

Os mutualistas voluntarios ingresan as súas cotas directamente a MUGEJU e. aínda que manteñan a alta voluntaria na Mutualidade, estas cotizacións, do mesmo xeito que os mutualistas obrigatorios son a efectos exclusivos da cobertura sanitaria e outras prestacións sociais, polo que tampouco xeran dereitos a efectos da xubilación.

A cotización determínase aplicando un tipo fixado anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado á base de cotización, que é igual ao haber regulador que en cada momento estea establecido a efectos de cotización de Dereitos Pasivos.
A cota mensual obtense multiplicando a base de cotización anual polo tipo e dividindo o resultado entre 14.Abonarase unha cota dobre nos meses de xuño e decembro.

A cota mensual para 2018 segundo o grupo/subgrupo funcionarial ao que pertenza o mutualista, oscila entre 48,99 € e 23,43 €. No caso de os mutualistas voluntarios a cota multiplícase por 12 mensualidades.

Cotizacións a MUGEJU - Exercicio 2018

1.    Mutualistas Obrigatorios (Cota mensual)

GRUPO HABER REGULADOR COTA ACTIVO 1,69%
A1 40.585,20 48,99
A2 31.941,56 38,56
C1 24.531,71 29,61
C2 19.408,65 23,43

 

2. Mutualistas Voluntarios (Cota mensual)

GRUPO HABER REGULADOR COTA MENSUAL
A1 40.585,20 231,67
A2 31.941,56 182,34
C1 24.531,71 140,04
C2 19.408,65 110,79

 

Achega Estatal 5,18 (4,10 +1,08) LEI 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018.