Cambio de Entidade Médica

Recomendar esta páxina

Información

Os mutualistas e as mutualistas, cando tramiten a súa alta na Mutualidade Xeral Xudicial, poden optar por recibir asistencia sanitaria a través dunha entidade médica privada, que estea no concerto, ou dos Servizos Públicos de Saúde das CCAA ou, en Ceuta e Melilla, a través do INGESA.

Poden cambiar a súa opción de entidade fornecedora da asistencia sanitaria nos seguintes supostos:

  • Cambio ordinario (Desde o 1 ao 31 de xaneiro de cada ano)

Os mutualistas e as mutualistas poden realizar un cambio ordinario de entidade médica todos os anos, durante o mes de xaneiro, por unha soa vez.
Para solicitar o devandito cambio, deberán presentar o modelo de Solicitude de Cambio de Entidade Médica, marcando a casa de CAMBIO ORDINARIO, dentro do prazo establecido.

  • Cambio extraordinario (Durante todo o ano)
    • Cando se produza un cambio de destino do/da mutualista en activo, ou de residencia do/da mutualista xubilado/xubilada ou do/da titular non mutualista, que implique, en todos os casos, un cambio de provincia. 
      Para este cambio, deberán presentar:
      • O modelo A-1 SOLICITUDE PARA A AFILIACION E VARIACIÓN DE DATOS DE TITULARES
      • Os mutualistas e as mutualistas en activo deberán achegar a toma de posesión no novo destino.
    • Cando, por circunstancias excepcionais, o mutualista ou a mutualista obteña a conformidade expresa, por escrito, das dúas entidades afectadas. 
      Para solicitar este cambio, deberán presentar:
      • O modelo de Solicitude de Cambio de Entidade Médica, marcando a casa de CAMBIO EXTRAORDINARIO e achegar os escritos de conformidade das entidades afectadas.

En todo caso, os beneficiarios e as beneficiarias adscribiranse á mesma entidade médica pola que opte o titular ou a titular de quen dependa o seu dereito.
Para información relacionada coas entidades médicas pode chamar a calquera dos teléfonos da área de Asistencia Sanitaria ou consultar, nesta mesma páxina, no apartado de Prestacións.