Nota Informativa sobre o formato das receitas médicas de MUGEJU

Recomendar estas noticias
Receita Oficial de MUGEJU

Lémbrase aos mutualistas que desde o 21 de xaneiro de 2013 as receitas médicas de MUGEJU adoptaron o formato do modelo que se adxunta, en aplicación do Real Decreto 1718/2010, de 17 de decembro sobre receita médica e ordes de dispensación.

O modelo vixente de receita de MUGEJU distínguese porque o número identificativo vai precedido pola letra Z.

Non é válido ningún outro formato de receita, polo que os mutualistas que teñan no seu poder talonarios antigos de receitas, deben absterse de facer uso dos mesmos e proceder á súa destrución. As receitas con formato antigo non son aceptadas nas oficinas de farmacia.

Así mesmo, lémbrase que os talonarios de receitas de MUGEJU pódense solicitar a través da Sede Electrónica, por correo ou fax, cumprimentando o impreso correspondente ou persoalmente na Delegación provincial ou nos Servizos Centrais de MUGEJU.

Pique aquí para ver a imaxe ampliada.