Eleccións a compromisarios da Asemblea Xeral da Mutualidade Xeral Xudicial

Recomendar estas noticias

POR  RESOLUCIÓN DE 7 DE FEBREIRO DE 2018 DO PRESIDENTE DA ASEMBLEA XERAL E DA COMISION PERMANENTE DA MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL, declárase aberto o proceso electoral para a renovación parcial de Compromisarios da Asemblea Xeral da Mutualidade Xeral Xudicial, convocando para ese efecto eleccións de Compromisarios polas seguintes circunscricións e grupos:

GRUPO I:

- Andalucía (Sevilla): Un Compromisario
- Asturias:   Un Compromisario
- Canarias:  Un Compromisario
- Cantabria:  Un Compromisario
- Castela-León  (Burgos): Un Compromisario
- Cataluña:  Un Compromisario
- Galicia:  Un Compromisario
- Madrid:   Dous Compromisarios
- Murcia:   Un Compromisario
- Navarra:   Un Compromisario
- País Vasco:    Un Compromisario

GRUPO II:

- Andalucía (Granada): Un Compromisario
- Andalucía (Sevilla):  Un Compromisario
- Castela-León (Burgos): Un Compromisario
- Cataluña:  Dous Compromisarios
- Estremadura:  Un Compromisario
- Galicia:  Un Compromisario
- A Rioxa:  Un Compromisario
- Navarra:   Un Compromisario
- País Vasco:  Un Compromisario
- Valencia: Un Compromisario

O día da votación será o 24 DE MAIO DE 2018.

Para máis información sobre o proceso electoral pódese consultar o documento Anexo “Instrucións para o desenvolvemento do proceso electoral Mugeju 2018”.

IMPORTANTE

Os CENSOS ELECTORAIS ESTARÁN PUBLICADOS EN TODOS Os TRIBUNAIS, ORGANOS XUDICIAIS, CENTRO DE ESTUDOS XURÍDICOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ESCOLA XUDICIAL E INSTITUTO NACIONAL DE TOXICOLOXÍA E CIENCIAS FORENSES, a partir do día 5 de marzo de 2018 durante dez días hábiles e poderanse efectuar reclamacións ao mesmo SOAMENTE durante o tempo que o censo estea publicado, no modelo que se achega para ese efecto. “Modelo para efectuar reclamacións ao censo electoral”.

 

 

                                                                       Madrid, 8 de febreiro de 2018