Carta de servizos

Recomendar esta páxina

Carta servizos O soporte xurídico sobre o que se apoia a Mutualidade esta constituído polo Real Decreto Lexislativo 3/2000, de 23 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes sobre o réxime especial de Seguridade Social do persoal ao Servizo da Administración de Xustiza, e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 1026/2011, de 15 de xullo.

Esta CARTA DE SERVIZOS ten a finalidade de informar aos mutualistas e os seus beneficiarios sobre o que é a Mutualidade Xeral Xudicial, as prestacións que concede, os servizos que presta, os compromisos de calidade nas súas prestacións, así como os dereitos que teñen en relación con estes servizos e prestacións.

Desde o seu nacemento, a Mutualidade Xeral Xudicial, tivo como premisa fundamental a atención ao mutualista, a mellora constante da mesma e a estruturación dun réxime prestacional de conformidade coa lexislación vixente. As suxestións que nos cheguen sobre os diversos aspectos de funcionamento do Organismo en todos os aspectos servirán para mellorar a calidade dos servizos e corrixir os posibles defectos existentes.